Jesús Taboada, propietario de Casa Taboada en Viveiro: «Os domingos e os festivos son os días nos que máis vendemos»

PABLO CHAO VIVEIRO / LA VOZ

VIVEIRO

A tenda de ultramarinos, Casa Taboada, en Viveiro,
A tenda de ultramarinos, Casa Taboada, en Viveiro, Xaime Ramallal

Este establecemento de ultramarinos de toda a vida, leva máis de 60 anos traballando case coma un 24 horas

23 mar 2024 . Actualizado a las 10:54 h.

Toda a xente que nun festivo ou domingo en Viveiro queira comprar desde un paquete de tabaco pasando polo touciño, augardente ata xamón, pode ir a Casa Taboada. Este establecemento, que leva máis de 60 años en activo, está situado en Vieiro, no Malagón que está próximo ao barrio de O Paraíso. 

«Os nosos puntos fortes comparado coa competencia son os horarios que temos, o aparcamento e que vendemos produtos caseiros que noutros lugares non hai como o touciño, augardente, embutidos...», explica Jesús Taboada Hermida, actual propietario dun establecemento no que predomina os clientes xóvenes e as amas de casa que prefiren produtos rústicos ao mellor prezo.

Dende o negocio explícanos que para eles é un negocio muy entretido e familiar e que si loitas polo que é teu que podes con todo. A singularidade de Casa Taboada é que os días que máis venden son tanto os domingos coma os festivos.

Non obstante, este tipo de negocios de ultramariños está en peligro de extinción xa que en Viveiro son moi poucos os locais que hai. «Tanto o prezo coma as grandes cantidades que hai de produtos coma o aceite e o leite son inasumibles para nós», añade Jesús Taboada.

A pesar diso, Jesús espera que, a pesar das desventaxes que teñen que son moitas comparadas cos centros comerciais e cos supermercados de grandes dimensións, esperan saír adiante. «Témonos que adaptar. Antes tamén era un restaurante pero tívemos que actualizar e agora ademais de un bar e dunha tenda tamén somos un estanco», conclúe.