O Club Juventud Cambados loce a súa canteira

La Voz VILAGARCÍA / LA VOZ

AROUSA

MARUXA ALFONSO

A entidade fixo desfilar a todos os equipos da súa base aproveitando o último partido de Preferente en Burgáns

17 abr 2024 . Actualizado a las 05:00 h.

A directiva do Club Juventud Cambados que preside Eladio Oubiña leva facendo da aposta pola base unha das liñas mestras da súa xestión. O pasado domingo, no descanso do encontro de Liga da Preferente Galicia entre o primeiro equipo da entidade e o veciño Portonovo, o Campo Municipal de Burgáns viu desfilar os integrantes de todos e cada un dos equipos da cada vez maior estrutura base do club da vila do albariño. Entre eles, o alevín que aparece na foto que acompaña a información.