«Catoira é libre, Catoira é libro», o programa que encherá o mes de abril de citas coa cultura

La Voz CATOIRA / LA VOZ

CATOIRA

Concello de Catoira

Co gallo do Día do Libro, o Concello pon en marcha una ampla programación para toda as idades

11 abr 2024 . Actualizado a las 12:41 h.

«Catoira é libre, Catoira é libro» é o lema baixo o que o Concello de Catoira vai desenvolver durante todo o mes de abril diversas actividades para todos os públicos: haberá coloquios, música, obradoiros e tamén contacontos. Segundo explica o concelleiro de Cultura, Raúl Gómez, preténdese foi non acoutar a celebración do Día do Libro ao 23 de abril, senón estendela «cun programa ambicioso e variado que contempla distintas actividades organizadas nas fins de semana».

Os actos terán como base a biblioteca. Comezarán este mesmo sábado, ás oito da tarde, coa presentación e un coloquio sobre Iribarne, unha exitosa obra de teatro. A charla contará coa participación da súa autora, Esther Carrodeguas, o director da representación, Xavier Castiñeira, e o editor de Edicións Positivas, Paco Macías. O domingo, ás seis da tarde, terá lugar un obradoiro de ilustración e a presentación do libro Eduardo Blanco Amor, de Edicións do Cumio. Acudirán o autor, Eric Dopazo, e a ilustradora Bea Grégores.

A seguinte actividade será a presentación do último libro do autor e músico Xurxo Souto Somos un pobo de artistas O método Luísa Villalta. Será o día 19 de abril ás oito da tarde, e haberá música, relatos e historias bonitas. Nesa mesma fin de semana, pero xa o domingo, será a quenda de Paco Nogueiras, que presentará nun concerto o seu novo disco Son animal, de Kalandraka Editora. Xa para finalizar, o domingo 28 ás seis da tarde, Carlos Labraña presentará o seu libro Ícaras, publicado por Galaxia.

Con esta ampla programación e a súa aposta clara polas producións e creacións propias, explica o Gómez, Catoira pretende situarse como referente cultural na comarca. Avanza que a vindeira cita sinalada no calendario vinkingo será o Día das Letras Galegas, este ano dedicado á Luísa Villalta.