A Deputación destina 35.000 euros á mellora do pavillón de Pontecesures

La Voz PONTECESURES / LA VOZ

PONTECESURES

MARTINA MISER

A achega permitirá renovar a zona de vestiarios

02 may 2024 . Actualizado a las 05:00 h.

A Deputación acaba de aprobar unha nova axuda de 35.000 euros ao abeiro do Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas para o Concello de Pontecesures. O goberno local desta vila destinará esta achega a acometer estas obras de mellora, que inclúen a reorganización dos espazos dos vestiarios dos equipos, ampliando a zona de duchas e de cambiadores. Renovaranse os acabados das paredes, solos e os aparatos sanitarios existentes, así como as instalacións de fontanería, electricidade e sinalización de emerxencia. A finalidade é adaptar e ampliar os espazos ás necesidades actuais e adecualos para que sexa accesibles ás persoas con mobilidade reducida.

O Plan Extraordinario de Infraestruturas Deportivas da Deputación mobilizou ata o momento preto de 2,3 dos 4 millóns de euros do orzamento total.