A pexa das TIC

Xavier Alcalá
Xavier Alcalá O VOO DE TECLA

FISTERRA

CESAR QUIAN

26 oct 2023 . Actualizado a las 05:00 h.

O 20 de outubro foi senlleiro para a telemática na Fisterra europea: inaugurábase a Cidade das TIC na Coruña e celebrábase a Noite Galega das Telecomunicacións. Galicia, que espera a axencia da intelixencia artificial [Aesia], telematízase, convértese en faro do proceso tecnolóxico máis importante que xurdiu no século XX. Certo. Ora ben, nese avance arrastra unha pexa coma as que se lles poñen aos cabalos para coutarlles o movemento: fáltalle xente formada en quen se apoiar. Isto é un problema a nivel global que en Galicia se percibe aumentado pola emigración de cerebros que aquí se formaron. Nun dos moitos circuliños cordiais da noite dos «telecos», o director de recursos humanos dunha empresa punteira declaraba a súa frustración na procura de enxeñeiros. «As rapazas cos mellores expedientes escollen medicina e enfermería», sostiña. Seica asusta aprender a ver as microondas e os bits, mais, de seguirmos así, mal vai funcionar a telemedicina. Urxe logo recuperar técnicos da diáspora e mudar mentalidades.