Fisterra festexará as Letras Galegas con Trémola Teatro

La Voz CARBALLO/ LA VOZ

FISTERRA

A compañía representará o 17 de maio na vila «A nena do violino e a poesía»

08 may 2024 . Actualizado a las 05:00 h.

Vén de dar a coñecer o Concello de Fisterra unha das actividades programadas na vila para as Letras Galegas, este 2024 dedicadas a Luísa Villalta. O propio 17 de maio, venres, terán no fin do mundo a Trémola Teatro, co espectáculo A nena do violino e a poesía. Os interesados non teñen máis que acudir ás 12.00 horas ao salón de actos do consistorio fisterrán.