Fene, plató de cine grazas á rodaxe da nova obra da creadora Margarita Ledo

La Voz FENE / LA VOZ

FENE

Juventino Trigo e Margarita Ledo, na rodaxe de 'Prefiro condenarme' en Fene
Juventino Trigo e Margarita Ledo, na rodaxe de 'Prefiro condenarme' en Fene Concello de Fene

'Prefiro condenarme' xa rodou na praia de Maniños

20 ene 2024 . Actualizado a las 04:14 h.

Ata a praia de Maniños baixou o equipo de Margarita Ledo para a rodaxe do seu novo filme. Prefiro condenarme é a historia dunha mariscadora da ría de Ferrol que fuxe da violencia de xénero. E a súa creadora seleccionou como plató de cine esta comarca, comezando por Fene. Alí o alcalde Juventino Trigo mantivo un encontro con Ledo Andión, e manifestou o seu «orgullo porque Fene forme parte do filme».

Ademais de Maniños, outros entornos para a rodaxe son Perlío e Barallobre. Segundo Trigo, «amósase no filme a vinculación de Fene co marisqueo e as xentes do mar, dando voz a unha historia que non debera quedar no esquecemento». Prefiro condenarme é a sétima longametraxe de Margarida Ledo, e chega despois de da multipremiada Nación (2020). A gravación completarase en Pontedeume, Mugardos, Ferrol, Lugo, Castro de Rei e Santiago.