O Xeolodía invita a descubrir o súper volcán de Galicia, en maio en Monfero

A. C. MONFERO / LA VOZ

MONFERO

O Xeolodía do ano 2015, con Canosa, na costa de Valdoviño
O Xeolodía do ano 2015, con Canosa, na costa de Valdoviño F. C.

Francisco Canosa e a Asociación de Amigos do Parque Xeolóxico do Cabo Ortegal promoven esta xornada divulgativa na provincia

23 mar 2024 . Actualizado a las 05:00 h.

O Xeolodía deste ano na provincia da Coruña celebrarase en Monfero. En realidade, serán dúas xornadas, a fin de semana do 11 e o 12 de maio, como explica o promotor desta iniciativa, o doutor en Xeoloxía Francisco Canosa, que organiza da man da Asociacion de Amigos do Parque Xeolóxico do Cabo Ortegal.

O Xeolodía é unha iniciativa de divulgación, con excursións xeolóxicas de campo guiadas por xeólogos, gratuítas e abertas a todos os públicos. Cada ano faise un por provincia, por iniciativa da Sociedade Xeolóxica de España.

Canosa conducirá a excursión da provincia coruñesa, que indagará no Ollo de Sapo, un tipo de rocha, e «o súper volcán de Galicia», título da xornada. O prazo de inscrición abrirase o día 27 de abril e poderase formalizar ata o 4 de maio.