Neda achégase á escritura de Xapón a través das Xornadas Literarias

La Voz NEDA / LA VOZ

NEDA

Presentación das Xornadas Literarias de Neda, Trazos de Xapón
Presentación das Xornadas Literarias de Neda, Trazos de Xapón Cedida

Con charlas de expertos na literatura nipona, obradiros de «haiku» e películas

23 abr 2024 . Actualizado a las 05:00 h.

A través das súas XIX Xornadas Literarias, Neda achegarase á literatura nipona e ao haiku co ciclo Trazos de Xapón. Organiza o Concello e colabora a Facultade de Humanidades da UDC nunha actividade gratuíta, co prazo de inscripción xa aberto. Do 25 ao 27 de abril, especialistas e tradutores do noso país abordarán este bum literario.

 Por Neda pasarán Carlos Rubio López de la Llave, autor da primeira historia da literatura xaponesa en español; Carlos Ramos Fuentes, profesor de lingua e tradución literaria xaponesa; ou Gabriel Álvarez, tradutor ao galego e ao español de manga e de Murakami. Ademais haberá un cinefórum sobre a película Mishima, obradoiros de haiku e contacontos.

A presentación das xornadas correu a cargo este luns da concelleira de Cultura, Marián Bello; a decana da Facultade de Humanidades, Manuela del Pilar Santos; e a coordinadora cultural de Neda, Copi Villaamil.