«Oxalá algún día puidese xogar co Lemos na Terceira División»

Luis Conde MONFORTE / LA VOZ

LEMOS

ROI FERNÁNDEZ

10 ene 2024 . Actualizado a las 18:16 h.

Díaz xa demostrou nos seus primeiros anos como futbolista que chegaría lonxe. Destilaba talento polos catro costados. Formouse no Calasancio, estivo no Lugo e no Celta. Pasou ao Brollón. Fichou polo Lemos, foi ao Barco e incorporouse á Sarriana. Con 24 anos aínda ten moito fútbol nas súas botas. E si, o seu obxectivo é volver a curto prazo á Terceira. Adri soña con liderar un Lemos nesta categoría.

—É unha utopía pensar nun Lemos en Terceira División?

—Uff. Agora mesmo é moi difícil. E de cara ao futuro dependerá de moitas cousas.

—E non lle gustaría liderar ao Lemos en Terceira?

—Oxalá, pero hai que esperar. Agora mesmo toca centrarse nesta tempada e na consecución da permanencia. E de cara ao futuro xa veremos que pasa.

—Sabe que hai moitas miradas postas en vostede por parte da afección?

—Iso supón para min máis responsabilidade e ao mesmo tempo un halago. Espero respostar ás expectativas.

—Que mensaxe lle transmite á afección lemista?

—Eu pídolles que sigan apoiando ao equipo como o veñen facendo sempre no campo da Pinguela. Deixaremos a pel no terreo de xogo para conseguir o antes posible a permanencia na Preferente Autonómica.