Bóveda organiza unha festa de entroido con cocido 

La Voz

BÓVEDA

Un grupo de asistentes á festa de entroido celebrada o ano pasado na praza da Filgueira de Bóveda
Un grupo de asistentes á festa de entroido celebrada o ano pasado na praza da Filgueira de Bóveda CEDIDA

Será o próximo 10 de febreiro na praza da Filgueira, ou no pavillón municipal se as condicións meteorolóxicas non son favorables

06 feb 2024 . Actualizado a las 18:58 h.

A praza da Filgueira de Bóveda acollerá o próximo 10 de febreiro unha festa de entroido organizada polo Concello que comprenderá un xantar popular a partir das 14.00 horas. Neste lugar instalarase unha carpa provista de calefacción na que haberá animación musical, xogos inchables e colchonetas para os nenos. Se as condicións meteorolóxicas non se mostran favorable, o festexo celebrarase no pavillón municipal.

Para os adultos haberá un menú a base de cocido e para os nenos, pizza. As entradadas poden adquirirse por adiantado nos establecementos comerciais Día, Claudio, Ferretería, Carnicería Salgueiriña, Piensos Rivera —na capital municipal—, Pili, Estanco, Restaurante Paco e farmacia, na localidade de Rubián. Os orgaizadores animan aos asistentes a que acudan disfrazados ao festexo.