Excursionistas ourensanos visitan a Ribeira Sacra de Sober e dan dous concertos

La Voz MONFORTE / LA VOZ

SOBER

Integrantes da asociación cultural Agromadas, nunha actuación ao aire libre na súa parroquia de Seixalbo (Ourense)
Integrantes da asociación cultural Agromadas, nunha actuación ao aire libre na súa parroquia de Seixalbo (Ourense) PABLO ARAUJO

A asociación cultural Agromadas ten un grupo de música popular e unha coral de voces masculinas

24 abr 2024 . Actualizado a las 17:17 h.

As excursións que organiza a asociación cultural Agromadas ten a súa sede en Seixalbo (Ourense) non son como as demais. Inclúen viaxes con visitas culturais, pero tamén concertos. Porque os que viaxan nelas son tamén músicos e actúan en dous grupos distintos: Trovare e Cantigas de Seixo. Este domingo teñen visita pola Ribeira Sacra e concerto en Sober. Os seus dous grupos actuarán pola tarde no auditorio municipal.

«Os dous grupos estamos moi ledos de cantar en Sober, sabedores de que neste lugar hai moitos e bos músicos», explican na asociación Agromadas. O seu percorrido polo norte do canón do Sil comeza este domingo ás nove e media da mañá coa saída do grupo de Seixalbo. Unha hora despois terán unha recepción oficial no Concello de Sober e desde alí irán ver algúns dos lugares máis interesantes desta parte da Ribeira Sacra.

O concerto no auditorio da Casa da Cultura comezará ás sete da tarde.

Trovare e Cantigas de Seixo

Trovare é un grupo formado no 2016 por uns amigos que se coñeceron cantando en formacións como o coro Vellos Amigos de Manuel de Dios. Tocan música variada, desde cancións tradicionais galegas ata arranxos de pezas doutros países do mundo. Em Sober interpretarán cinco cancións: Gallarda, de Manuel de Dios; a tradicional irlandesa Con herbiñas de namorar; Espranza, de Manuel H. Iglesias; Tres cantigas galegas, con texto de Ramón Cabanillas; e Puedo soñar, de Manuel de Dios e Manuel H. Iglesias.

Cantigas de Seixo é unha formación de voces masculinas que foi creadao no 2015 dentro da asociación cultural Agromadas. En Sober, cantarán a canción popular galega Ábreme a porta, Rosiña; El árol del olvido, de Alberto Ginastera e Jacinto Chiclana, de Astor Piazolla. E pecharán con outra canción popular galega, a de Tres cantigas de amor.