Carta de baixa do PSOE de Luís Rodríguez Edrosa

Luís Rodríguez Edrosa

LUGO

Edrosa, o segundo pola esquerda, no 2011 xunto ao alcalde de Meira, Sonia Verdes, Besteiro e Lago Lage
Edrosa, o segundo pola esquerda, no 2011 xunto ao alcalde de Meira, Sonia Verdes, Besteiro e Lago Lage FÉLIX LUNA

«Dun tempo a esta parte estase a producir una indefinición ideolóxica preocupante no partido»

06 mar 2023 . Actualizado a las 23:17 h.

Luís Rodríguez Edrosa, como antigo dirixente do PSdG-PSOE en Lugo, que desempeñou, entre outros cargos, Delegado Provincial da Consellería de Presidencia, Director do INLUDES, coordinador comarcal da Terra Cha, Secretario de Educación do PSdG e Secretario de Organización do PSdG Provincial de Lugo, fai público o seguinte:

1º) Dun tempo a esta parte estase a producir una indefinición ideolóxica preocupante no Partido. Iso si, cun culto exacerbado ao S. Xeral (Pedro Sánchez). Claro que para iso se coidou moito de laminar toda oposición interna e de controlar a todos os órganos.

2º) Con respecto á Agrupación Provincial debo dicir que leva una serie de anos dando bandazos a un lado e a outro (segundo interesa en cada momento). Estas actuacións dirixidas desde arriba e secundadas polas agrupacións locais tiveron e teñen como obxectivo modelar a vontade da militancia (da pouca que queda). Así se explica que a provincia apoia moi maoiritariamente a Gonzalo Caballero no seu momento e desta última vez a Valentín González Formoso, como se do mesmo modelo de Partido se tratara cando, efectivamente, son dous proxectos antagónicos e ben diferenciados ideolóxica e tácticamente.

3º) Como constatación do punto anterior, a militancia foi e está sendo vilmente manipulada, botando man dela en procesos electorais e/ou cando o seu voto é imprescindible para o «líder».

4º) Consecuencia dos dous puntos anteriores: o Partido ten desaparecido da vida provincial e local, quedando a espensas do funcionamento das institucións (Deputación e concellos). Quen tiña que marcar as premisas políticas de funcionamento en cada ámbeto xa non se lle convoca (non vaia ser…) e no seu canto aparece o Presidente da Deputación ou o alcalde de turno. De onde non se goberna…xa nin se menciona.

5ª) No tocante á Agrupación Local de Pastoriza dicir que levamos anos sen convocar nin una soa reunión para falar da política local. Antes da investidura de Primitivo como alcalde no 2019 está constatado que houbo reunións e acordo co PP para repartirse a lexislatura, dous anos cada un deles. Do por que desa negociación non se dixo nin palabra nin se deu explicación algunha. Como tampouco se dixo nada do retraso na hora para elixir alcalde (máis de media hora de retraso), nin que se negociou, se é que se negociou algo co BNG. Una cousa é clara: o PSOE en Pastoriza cada vez ten menos competencias no equipo de gobernó: nin resolve nin motiva.

Esta lexislatura foi aínda máis errática e desmotivadora ca anterior. O alcalde nin está nin selle espera. Mellor dito, está para favorecer descaradamente nas súas actuacións a principalmente dous núcleos de poboación, para desfavorecer ao resto das parroquias en servizos e vías de comunicación e para levar a cabo contratacións familiares de dubidosa legalidade (nunca o PP se atrevera a tanto).

Diante da constatación de que o camino futuro non parace retomar a senda do que fumos non fai tanto tempo, de que este non é o PSdG-PSOE que ideamos, polo que traballamos e polo que loitamos levándoo a acadar resultados históricos nos diferentes procesos electorais: Congreso, Senado, Parlamento de Galicia, Deputación e eleccións locais no período 2003-2011. Isto foi froito dun traballo colectivo que posibilitou, apoiou e facilitou o traballo das agrupacións locais creando una simbiose entre Dirección Provincial e agrupacións que producíu os froitos xa reseñados é polo que tomo a decisión de causar baixa como militante do PSdG-PSOE desde hoxe mesmo.

Sin embargo, non quixera deixar pasar a ocasión de mostrar o meu agradecemento a todso/as aqueles/as compañeiros/as que confiaron en min e no proxecto que desenrolabamos así como a aqueloutras que colaboraron de maneira estreita e deseinteresadamente coa Dirección da que tiven a honra de formar parte.

Atentamente,

Asdo.: Luís R. Edrosa