Unha investigación sobre o templo da Vera Cruz e unha historia ambientada no mosteiro de Oia gañan o Premio Losada Diéguez

La Voz OURENSE

O CARBALLIÑO

Rafael Otero, á dereita, xunto a Avelino Muleiro na presentación do seu ensaio no Liceo de Ourense
Rafael Otero, á dereita, xunto a Avelino Muleiro na presentación do seu ensaio no Liceo de Ourense Miguel Villar

As obras do autor carballiñés Rafael Otero e da escritora pontevedresa Iria Morgade acadan o galardón que conceden os Concellos de Boborás e O Carballiño

21 abr 2024 . Actualizado a las 05:00 h.

A edición número 39 do Premio Antón Losada Diéguez xa ten gañadores. Rafael Otero Janeiro e Iria Morgade Valcárcel acadaron por maioría absoluta os galardóns deste ano. O xurado, que se reuniu este sábado na casa consistorial de Boborás, decidiu premiar a investigación do autor carballiñés no ensaio A Vera Cruz de Antonio Palacios, editada polo Centro de Estudos Carballiñeses. «É unha creación que reflicte moitísimos anos de documentación, unha obra de síntese e divulgativa. Un texto moi ben escrito e pensado, que valoriza a obra do arquitecto Palacios para que chegue a un público amplo», recoñeceu o xurado deste premio que convocan cada ano os Concellos de Boborás e O Carballiño e que está dotado con 6.000 euros para cada gañador.

Reunión del jurado de los Losada Diéguez
Reunión del jurado de los Losada Diéguez

Na modalidade de creación literaria, premiouse a obra Quen escribirá a miña historia?, editada por Galaxia e escrita pola pontevedresa Iria Morgade. «Trátase dun libro que afonda nun relato ambientado no Mosteiro de Oia, que intercala a Guerra Civil coa máis actual», concluíu o xurado. 

A entrega do premio terá lugar o 15 de xuño no Pazo de Moldes, casa natal do escritor e guieiro da Xeración Nós, Antón Losada Diéguez.