Juanca Rodríguez: «Pasei do pudor por vender o cupón a desfrutalo e dar premios millonarios!»

Olalla Sánchez Pintos
Olalla Sánchez SANTIAGO

SANTIAGO

Sandra Alonso

Empezó como vendedor de la ONCE en el 2019, después de haber sufrido años antes un accidente. Tras dar tres premios en tres años, en Santiago ya es el «hombre de la suerte». «Un grupo veu exprofeso dende Cangas a por 20 cupóns para o sorteo do día do pai», avanza

17 mar 2024 . Actualizado a las 05:00 h.

Ni la lluvia ni las más de ocho horas que pasa trabajando en la calle, en su puesto de Porta Faxeira, le borran la sonrisa a Juan Carlos Rodríguez, el vendedor de la ONCE de 46 años a quien muchos, tras dar tres premios en tres años, conocen como «el hombre de la suerte».

«En A Estrada, onde nacín e vivo, chámanme Curro, pero aquí, onde traballo, son Juanca. Así bautizáronme os mozos que, durante a pandemia e mentres percorría as terrazas, comprábanme o Rasca por un euro», afirma dicharachero, mientras no cesa de atender y bromear con una clientela que este año le ha aupado, con datos de la ONCE, a ser uno de los que más vende en Santiago. «É un orgullo. Aínda comecei no 2019...», evoca.

El vendedor estradense de la ONCE Juan Carlos Rodríguez reparte suerte desde su puesto en Porta Faxeira
El vendedor estradense de la ONCE Juan Carlos Rodríguez reparte suerte desde su puesto en Porta Faxeira Sandra Alonso

«Eu púxenme a traballar moi novo, con 14 anos, como camareiro, e, dende os 21, como empregado dun supermercado. Sempre estiven de cara o público», señala. «No 2014 tiven un accidente de tráfico, do que me quedaron secuelas físicas. Xubiláronme. Estiven cinco anos na casa e iso custábame por necesitar eu sempre estar facendo algo. Afilieime á ONCE, onde me ofreceron un primeiro traballo, que rexeitei. Dábame un pouco de medo e vergoña. Ao mellor non estaba aínda preparado…. Logo uns compañeiros xa me convenceron. Probei e é o mellor que fixen. Pasei do pudor por vender o cupón a desfrutalo e dar premios millonarios!», reflexiona agradecido. «Estou namorado deste traballo, sobre todo polos clientes, a quen dás alegrías. Eles trátanme de marabilla, arróupanme; a min gústame falar...», reconoce.

«O meu primeiro destino como vendedor da ONCE xa foi Santiago, na Praza de Galicia. Tras un breve paso por O Milladoiro, volvín, ao posto do Hospital Clínico e logo, durante dous anos e medio, a Praterías», añade, admitiendo que tras repartir allí en el 2022 el Sueldazo, cuyo premio ascendió a 1.600.000 euros, empezó ya a «ter bo ambiente». «Vender diante da Catedral foi un punto de inflexión. Coincidíronme, ademais, os dous Xacobeos. Coñecín a moitos peregrinos que, cando volven, xa te buscan. Unha é unha cuponera de Estepona coa que, en datas sinaladas, me intercambio cupóns», comenta y salta ya al pasado junio, cuando, tras jubilarse el vendedor anterior, llega a Porta Faxeira. Cinco meses después repartía allí 16,4 millones de euros.

«Tanto soñei e barrenei con que ía dar o sorteo do 11/11 que comprei para min dez terminacións. Ese día, na cama, vexo no móbil un número raro, que collín á terceira chamada. Era de Madrid para anunciarme o premio. O día seguinte foi todo unha tolemia, con xente chiscándome o ollo ao pasar polo posto; cunha clienta diaria que chegou chorando sen saber aínda que gañara 50.000 euros; ou cun chico de Cuba que o día anterior intentara regatearme o cupón e ese día deume tal abrazo que case me esmaga», apunta risueño. «Á malagueña a quen lle tocaron once millóns chamoume para agradecermo, igual que unha universitaria, a quen lle intercambiara o cupón por unha rifa. Que lle tocara a ela foi do que me fixo máis ilusión, así como premiar a clientes habituais, coma os hostaleiros. Varios xuntáronse para celebralo e chamáronme. En moitos bares non me deixan pagar», afirma, mientras aclara que él vende ahora, momentáneamente, por los locales del Franco y A Raíña. «A un empregado dun restaurante tocoulle en novembro e tamén este mes», prosigue, aludiendo a su tercer premio, con el que en marzo repartió 280.000 euros con el Cupón Diario.

«Os meus dous fillos están orgullosos, a pesar do tempo que paso fóra», desliza, anotando un lamento. «O frío e a chuvia aquí é moito. Non deixo de pensar no home cego que me precedeu. A el adícolle os premios», confiesa, apreciando aún así lo estratégico del puesto, a la entrada del casco histórico, y bromeando con su inmediatez a la administración de Lotería número 3, también abonada a la suerte. «A competencia é sa e necesaria. Favorécenos estar xuntos, e comprámonos un ao outro», subraya.

Sandra Alonso

Sobre el éxito para vender, no duda. «É clave mimar á xente; ser detallista e vendedor. Eu, cando vin unha vez a Ayuso pola rúa, ofrecinlle un cupón e cando volveu, comproumo de novo», asegura, avanzando sentir un «formiguillo» de cara al sorteo del día del padre. «Un grupo xa veu exprofeso dende Cangas a por 20 cupóns», revela feliz.